Reflexións do botellón
firmado por xente de esquerdas
firmado por xente de esquerdas
O botellón non é un problema, é un fenómeno social, unha forma de ocio da mocidade. Antes do botellón foron as festas en pisos, as litronas, e antes as tazas e antes os guateques. Simplemente mudou o espazo ou as formas ou o número de persoas.
Agora mesmo hai unha situación de conflicto en torno ó botellón, xerada nalgúns lugares polas protestas dos veciños e amplificada e alarmista por parte dos medios de comunicación. Cando falamos de botellón hai que atender a tres vertentes:
A de saúde pública.
O botellón non debe ser tratado como un problema de saúde pública. Non podemos permitir que se ligue botellón e consumo excesivo de alcol.
O 58% dos mozos que fan botellón manifestan facelo por estar cos seus colegas, e o 27% acuden ó botellón polo ambiente que hai. Só un 5% manifesta que o seu principal obxectivo cando vai ó botellón é consumir alcol.
É certo que cada vez a xente moza se inicia no consumo do alcohol a idades máis temperás, mesmo a partir dos 12 anos. En calquera caso, este será un problema dos seus proxenitores, que terán que saber onde están e que fan a determinadas horas, nunca responsabilidade dos outros xóvenes ou da Administración Pública, que, como moito, terá que incidir na información e prevención.
Aqueles que cando falan de botellón poñen como excusa a saúde dos máis novos están actuando dun xeito hipócrita, pois mentras se bebeu nos bares e discotecas(é dicir, onde non se vía ou non molestaba) ninguén se preocupou por este tema.
Non podemos obviar tampouco que en España e Galicia existe un grao de tolerancia e permisividade moi alto en torno ó consumo de alcol. Non hai celebración que se precie sen alcol polo medio. E isto por parte dos adultos. Os xóvenes tenden a copiar pautas de comportamento dos adultos, e esta é unha máis. Síntense, sobre todo os máis novos, maiores cando toman unha copa ou fuman un pitillo.
Educación ambiental.
É unha obviedade que nos lugares nos que se fai botellón queda todo cheo de lixo. Nalgúns lugares porque non hai conte nedores suficientes para recoller as botellas, vasos, etc e, en moitos outros, porque é certo que a mocidade non recolle.
Aceptémelo, temos un problema de concienciación e educación ambiental. Agora, e sin que sirva de excusa, o problema é de toda a sociedade. Só hai que ver como quedan os campos despois de que se fagan as festas parroquiais, ou os centos de festas gastronómicas que hai no noso país, ou mesmo despois dos “mercadillos” ou feiras. Queda tamén todo cheo de lixo, e aí hai fundamentalmente adultos, non mozos.
Así que o problema é de toda a sociedade, e deberiamos empezar a combatilo.
Orde público.
É neste tema, no uso dos espazos públicos, onde radica o único problema en torno ó botellón. Habitualmente, os adultos usan os espazos públicos sen ningún tipo de problema, mais cando os que os utilizamos somos os xóvenes os adultos piden que se regule este uso. Esto ven a conto da tan solicitada regulación do botellón. O que non se sostén é que poida haber xente tomando unha copa nunha terraza e que a dez metros de alí a un mozo se lle criminalice por estar tomando tamén unha copa.
En tódalas regulacións que se teñen feito noutros lugares de España sobre este tema nas que se prohibe beber alcol na rúa sempre se exceptúan: as festas e as terrazas. Non é isto unha hipocresía? O beber alcol está ben ou mal dependendo de quen o consuma e en qué momento temporal o faga? É evidente que existe un problema á hora de usar os espazos públicos: hai que conciliar o dereito dos veciños a descansar co dereito da mocidade a disfrutar do seu ocio. Pero a solución non pode vir da man de prohibir o botellón, pois en determinados lugares que se ten prohibido non ten funcionado. Tampouco é unha boa solución crear “botellódromos”, auténticos guettos nos que se relega á mocidade a ser consumidora de alcol, olvidando a verdadeira realidade do botellón e evitando preguntarse porqué a mocidade elixiu esta alternativa de ocio.
A solución tampouco pasa, como apuntaba días atrás algún alcalde, porque as tendas non vendan alcol a partir das dez da noite, pois isto xa se fixo nalgúns concellos, como o de Madrid, e o único que sucedeu foi que houbo un cambio nas pautas horarias de merca do alcol. Tamén se barallaron as chamadas “noites de ocio alternativo” como solución ó botellón. Ben, pois naqueles concellos que teñen programas de ocio alternativo non se eliminou o botellón. De feito, en algunhas ocasións, teñen efectos contrarios ó desexado, pois a xente máis nova que antes non podía saír a determinadas horas, sí que participa do ocio alternativo indo despois ó botellón. O ocio alternativo en sí non é malo, o seu problema é que é paternalista e dirixista, pois está pensando dende a Administración para a mocidade pero sin contar cos mozos e mozas. E así nunca funcionará adecuadamente. Cando hai un conflicto a solución pasa por reunir a todas as partes e que dialoguen e busquen solucións para o tema. Esto é o que non se está facendo en torno a este conflicto. Falan os alcaldes, fala a Xunta de Galicia, falan os medios de comunicación, falan os veciños…pero, alguén lle preguntou á mocidade???
A solución pasa necesariamente porque ó redor dunha mesa se senten a administración local, as asociación de veciños, as asociacións de pais e nais, os hostaleiros, os medios de comunicación e os xóvenes, pois todos estes actores sociais son, dun ou doutro xeito, partícipes do problema. (Nalgunas comunidades autónomas, como en Extremadura, se fixo algo parecido, o chamado “Pacto pola noite”, e aínda que non se deixou de facer botellón, pois ese non era o obxectivo, sí se conseguíu traslado a outras zonas onde non molestaba ós veciños.)
Mentras isto non sexa así non rematarán os conflictos, pois os adultos e autoridades seguirán pensando que os xóvenes só se reúnen para beber cando isto dista moito da realidade: nesta época na que as novas tecnoloxías o copan todo, na que xa case non coñecemos ó veciño do lado, as relacións que se establecen en torno ó botellón son unha forma moi potente de comunicación e relación interpersoal
